Moda

LAZY OAF

Colección P/V 2012. Serie Limitada.

Emily&Fin

Clicka sobre as imaxes para amplialas.

Accesorios

Elena Cortés

Diademas, broches, pinzas, prendedores….+ modelos na tenda

La Canica

La Canica deseña e produce broches únicos que son auténticas xoias de plástico. Todos os seus broches están feitos en metraquilato e cortados con precisión á láser, todo isto no seu taller de Pamplona. As súas xoias plásticas son especiais para estes tempos de crise, e están pensados tanto para mulleres como para homes. La Canica comunica con humor, e por suposto con moito GLAMOUR!!

“Red Tea Jewellery

Xoias de plástico deseñadas e recortadas a láser pola artista Qian Shi.

+ modelos na tenda.

Coleccion Andö

Presentámosvos a colección de colgantes ANDÖ de I M, a nova marca creada pola artista cósmica EME. Pezas únicas e feitas a man xa dispoñibles na tenda!!

Lazy Oaf Accesorios

Chapas, colgantes, portamoedas, bolsos, pegatinas, bloc de notas…



Manuela Lyle: Xoiería

Manuela Lyle estudou no Colexio de Artes de Edimburgo e vive dende hai moitos anos en Barcelona, onde se dedica en corpo e alma a facer xoiería fina. A música, os libros e a natureza son as principais fontes nas que se inspira, aínda que tamén é unha apaixoada dos símbolos. Así, na colección que nos presenta no Gato Cósmico, a landra é a grande protagonista, converténdose nun símbolo de “esperanza”, así como a dobre folla que a acompaña, que significa “valor”. Os materiais que emprega son pedras e metais preciosos, especialmente prata.

Pirusca Accesorios

Pirusca é o alter ego da ilustradora galega Natalia Rey. Licenciada en Belas Artes en Pontevedra e tras varios anos dedicada ó deseño gráfico, decidiu centrarse na ilustración, para poder crear os seus propios mundos, dándolle vida a todo aquelo que se lle pasa pola cabeza. A Pirusca gústalle crear imaxes doces, divertidas, coquetas e cun toque retro.“Atráeme moito o deseño de produto e espero poder ampliar moi pronto amiña colección”.

No Gato Cósmico atoparás os seus orixinais espelliños, colgantes, broches, láminas e os seus divertidos packs de chapas.

+ modelos na tenda

Nuria Diaz Accesorios

Broches, láminas, colgantes, etc

POKETO – ARTE PARA O TEU DÍA A DÍA

Cada portamoedas Poketo mostra o traballo dun artista internacional. Están feitos a man en vinilo resistente con compartimentos para as moedas, tarxetas, etc. Deseñados e feitos na soleada California, estes portamoedas están feitos para encaixar perfectamente co estilo do teu peto! Todos os portamoedas son de edición limitada e inclúen unha chapa de agasallo máis a biografía do artista. Simplemente un pouco de arte para o teu día a día.

FUNDAS iPHONE 4

Funda retro de silicona que imita ós antiguos cassettes. Feita exclusivamente para encaixar co iPhone 4. Dispoñible en negro, gris, rosa e amarelo.