Pulled by Hand

(Si quieres leer este articulo en castellano pincha aquí)

A través de Hand Job e Pulled, Mike Perry, un dos nosos artistas cósmicos favoritos, amósanos o traballo dos ilustradores contemporáneos máis innovadores do momento. Dous libros imprescindibles!!

hand-job-foto

Hand Job Book / + fotos aquí
 

En Hand Job, Mike Perry, especialista en tipografía feita a man, realiza unha selección de 50 traballos de destacados deseñadores, ilustradores e tipógrafos, que integran tipografía feita a man nos seus deseños. Ademais de exhibir un espectro de estilos e enfoques, Hand Job inclúe fotografías tanto das tipografías coma dos estudos dos artistas, dando ao lector una maior comprensión do que ocorre na creación do debuxo realizado a man.

pulled-fotoPulled Book / + fotos aquí
 

Popularizada nos anos 60 por artistas pop como Andy Warhol, a serigrafía segue a ser unha das técnicas favoritas de moitos artistas debido á súa versatilidade, duplicidade e custo relativamente baixo. Neste libro, Mike Perry recolle máis de corenta traballos dos deseñadores máis talentosos da actualidade e que á súa maneira están impulsando dun xeito moi dinámico os límites deste medio de expresión. Un libro imprescindible para comprender as posibilidades que a serigrafía ofrece aos creadores de hoxe en día.

Colección Birdboy

(Si quieres leer este artículo en castellano, pinchaquí)

Birdboy é un dos personaxes máis famosos da novela gráfica Psiconautas de Alberto Vázquez (A Coruña, 1980), unha intensa historia definida pola súa notable carga poética e social e que deu lugar á xoia de animación Birdboy, unha curtametraxe que condensa en doce minutos a insatisfacción da parella protagonista, Birdboy e Dinki, ratiña e neno-páxaro, que ansían fuxir dun entorno asfixiante, dunhas vidas opacas cun alto grao de aliñación. Esta curtametraxe foi gañadora de moitos premios nacionais e internacionais, incluíndo o Goya á mellor curtametraxe de animación no 2012.

frame

O Gato Cósmico presenta esta serie exclusiva de figuras feitas polo artista multidisciplinar Bisgue en colaboración con Alberto Vázquez. De serie moi limitadísima e feitas a man. Unha xoia para tódolos fans tanto da curta coma do cómic.

3birdboys

E para todos aqueles que aínda non coñecen o mundo de Birdboy, tamén temos dispoñible a xenial novela gráfica Psiconautas.

para + info picha aquí

Ideas cósmicas entre 15 e 30€

Mike Perry Expo.

Mike Perry é un dos deseñadores e artistas máis aclamados dos últimos tempos. Os seus deseños caracterízanse pola frescura que desprenden, en parte debido a que todos están feitos a man, e polo seu colorido, que busca como referente a cultura visual contemporánea. Perry traballa regularmente para clientes como Apple, The New York Times, Urban Outfitters, Levis e Nike. En 2004 foi elixido como un dos mellores artistas menores de 30 anos pola revista Step e en 2007 o Computer Arts Project elixiuno como o “ilustrador máis innovador”.

expomike
As ilustracións de Mike Perry son as encargadas de porlle cor a este inverno en O Gato Cósmico. Unha expo que ven complementada cunha serie de produtos  icónicos do artista como o libro Pulled sobre serigrafía, ou os transfers Iron Me On, entre outros.

produtosmikeperry

Do 19 de Decembro ata o 20 de Marzo

Ideas cósmicas entre 0 e 15 euros

Elíxenos e convidamoste ;)

Dende hoxe e ata o 5 de Xaneiro, o comercio local compostelán convidate a un café, refresco ou caña por cada compra superior a 30€ que fagas os venres sábados e domingos nos nosos establecementos. Consulta o cartel para saber os locais que participamos e os lugares onde podes gastar o vale. Aposta polo comercio local!

CARTEL COMERCIOS NADAL

Expo de Outono: “Truco o Trato” de Cinta Arribas

“Truco o trato” é a nova exposición da ilustradora Cinta Arribas (Valladolid, 1983) que nos presenta unha colección de serigrafías e ilustracións en papel, e que nos trasladan a un mundo de disfraces, carautas e seres inquedantes. Nesta ocasión é a través do mundo animal como a autora nos mostra o seu carácter, mestura da estética naïf con trazos máis duros e complexos. Borróns, probas e ensaios até atopar a forma definitiva, sen dúbida os erros no proceso son o trazo identificativo da súa obra. Licenciada en Belas Artes pola Universidad de Salamanca e afincada en Santiago dende hai anos, entre os seus traballos tamén encontramos contos e bonecos feitos en tea e cerámica, formas redondeadas ás que lles saen fociños, orellas, patiñas…